domingueando
non houbo tempo para mais: recollida de semente de grelos, e unha revisión xeral de todo. A pataca vai aparecendo, collín unha de pouco menos de 5cm, e as leitugas estan nas últimas, comezan a estar duras. O millo sigue ben, e as cabazas botan flores, e máis follas. As tomateiras non morreron (que xa é un logro). Pasa o tempo.
traballos domingueiros na horta
Un jardín en la ventana | Ecocosas
xermolando
alcouves novos
Comeza a primavera

As habas xa se poden comer, igual que os poucos chicharos no medio da maraña.
Truxen varias leitugas, e follas de cores para ensaladas.

As patacas medran ben, contei ata oitenta pes…

As borrajas cheas de flores, e abellas.

O millo non morreu, pero tampouco sube. Ainda.

As cabazas parece que superaron o ataque inicial do «mal», e arraigaron.

As calendulas tamen arraigaron, pero estiveron tapadas polos grelos (que deberon caer polo vento).

Puxenlle rego á terra das cenorias, e ás tres oliveiras novas. Saquei a tuberia de rego polo medio, para que sexa mais facil saber cando se atasca.
Composteiro, e borraja
Un repaso ao composteiro, cos restos dos grelos, un par de capazos de pauciños triturados e restos variados. Un remexido e a seguir a dixestion.
Esta traballando, pero moito mais lentamente que o ano pasado, e unh temperatura mais baixa.
Apañei unha caixa de borrajas, casi un kilo, e algunhas follas de leitugas.
O millo sigue murchando, ampliei os tempos de rego. Durante a semana hei ir mirar se vai a mellor, ou peor.
visita relampago
onte pola tarde fun botar unha ollada aos trasplantados…
as cabazas e cabaciñas parece que, ainda que teñen o mal que come as follas (o de sempre), estan botando follas novas. Igual van arriba. Ao seu lado os pes de calendula aterraron ben.
O millo esta murcho. Semella que o tallo vai ben, esta firme, pero as follas estanse secando. Non sei se será o mal, ou que. Boteilles aos novos unha dose de xofre, a ver se hai sorte… quedei bastante desanimado co millo, porque o ano pasado o trasplante foi moito menos traumático.
Mentres tanto as leitugas estan ocupando o espazo, nótase que xa non lles falta auga. E as patacas van saindo á superficie. Ata 35 pes puiden contar onte. E non son nin a metade dos que estan plantados. Nos grelos as abellas xa polinizaron moitas flores (había que ver como estaba o mato, cheo de abellas!), e comezan a botar as vainas de onde sacaremos a semente para a seguinte xeración…
Puiden traer unhas follas de leituga, para a cea, un chisco de pirixel e algunhas follas de grelos. Ainda teño na casa os nabos da semana pasada, e sigo sen ter moi claro que facer con eles. Outro candidato posible para a dieta das galiñas, igual que a folla arrincada deles… Igual que as remolachas,
Pensando nas planificacións e nas cantidades, semella que tes que plantar o doble do que necesitas en cada cousa (pataca, cabaza, millo, grelos…) para que unhas poidan cubrir ás outras en caso de perdas de colleita dunha especie. Unha caste de seguro…
Mañá, que non hai moito que facer, hei dedicar un tempo ao composteiro recollendo restos aqui e acolá, e a colleitar borraja, para facer coma o «veciño» (virtual).
Bitcoins e alcouves
Mentres os bitcoins seguen por debaixo dos 4€, o noso mineiro vai ao seu, rompendo numeros e producindo calor residual. Durante o dia ainda non chegamos aos 20, e de noite refresca: o invernadoiro con calefaccion esta traballando ben.
Dentro del os tomates xa botaron segundo par de follas, mentres que os repicados que deixei nun maceteiro ao aire só as apuntan.
Do plantado onte quedou un alcouve grande para sementar. Repasando o que esta pendente, e por non repetir co xa sementado, vou poñer cebola.





